IV Festa da Sardiña no Centro Cultural de Baredo

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Centro Cultural A Cela de Baredo organiza este domingo 21 de xullo a partir das 13:30 horas a IV Festa da Sardiña. A ración con sardiñas, cachelos, pan, viño ou auga terá un prezo de 10 euros para os socios e de 12 euros para os non socios. Tamén haberá ración de pizza ou empanada e sobremesas a prezos populares.

Anuncios