Moisés López falará do exercicio físico no Ciclo de Conferencias sobre Saúde e Benestar de Baiona

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

O Auditorio da Casa-Museo da Navegación acollerá este venres ás 19:30 horas unha nova charla do Ciclo de Conferencias sobre Saúde e Benestar organizado polo Concello de Baiona.

Co título “Exercicio e Saúde. Vinculados con sentido común”, o enfermeiro e fisioterapeuta Moisés López falará sobre as repercusións do exercicio físico na nosa saúde. Trátase da terceira conferencia dun ciclo que foi aberto en xaneiro polo naturópata vigués Javier Akerman no Parador de Turismo Conde de Gondomar.

En febreiro foi a nutricionista baionesa Gloria Pérez quen falou, xa no Museo da Navegación, sobre “A medicina do amor para alcanzar o benestar”. As seguintes conferencias, todas elas no Auditorio do Museo da Navegación con entrada libre, serán o 21 de abril (María Jesús Alfonso), o 26 de maio (Gerardo Miniño) e se pecharán o 16 de xuño (Roberto López).