A Camoesa organiza a 4ª Andaina San Roque de Camos

A Asociación Cultural “A Camoesa” organiza este domingo 21 de xullo a súa 4ª Andaina San Roque de Camos, con saída ás 9:30 desde o Centro Cultural e con regreso previsto ás 14:00 horas. O prezo da inscrición, que se abonará na saída, é de 5 euros, e inclúe seguro, bocadillo, auga, froita e agasallo.

As inscricións poden realizarse ata o 20 de xullo por WhatsApp no teléfono 661 921 026 (Jorge), enviando o nome completo, data de nacemento e número de DNI. O percorrido será de 15 quilómetros con dificultade media/alta polos arredores do Val Miñor.

Anuncios