O programa “Cultura de Verán” ofrece danza, música, cine e humor en Gondomar

A Concellería de Cultura de Gondomar vén de presentar a programación cultural e de lecer prevista para a tempada estival, que, do mesmo xeito que o pasado ano, repartirase por numerosos recunchos da vila, como son o Parque das Ánimas, a Praza Paradela, o Centro de Saúde, o Parque Ponte das Rosas, a Praza de San Bieito, a Praza Rosalía de Castro, o Parque da Coelleira, as Pistas de “As Cercas” e o Parque de Baixa Redonda. Entre as actividades podemos atopar danza, concertos de diferentes artistas e grupos, cine, inchables e unha festa da escuma para os máis pequenos, monólogos, espectáculos infantís e unha festa con Dj’s.

O programa comezará este mesmo venres día 19 de xullo cun Festival de Danza no Parque das Ánimas ás 21:30 horas. Na Praza Paradela poderemos gozar dos concertos de Tania Fuegho (20 de xullo ás 22:30), Rubén de Lis (24 de xullo ás 22:30) e María do Ceo (10 de agosto ás 22:00 horas), ademais do monólogo de Luis Zahera (11 de agosto ás 22:00 horas). Pero non serán os únicos concertos incluídos na programación, Píscore actuará no Centro de Saúde (25 de xullo ás 22:30), Son de Seu na Praza de San Bieito (27 de xullo ás 22:30), Urbano Cabrera na Praza Rosalía de Castro (2 de agosto ás 22:00), Gyn Toni’s nas Pistas de “As Cercas” (15 de agosto ás 22:00) e Atlantic no Parque de Baixa Redonda (24 de agosto ás 22:00).

O cine será o protagonista no Parque Ponte das Rosas ás 22:30 horas en xullo e ás 22:00 en agosto, coa proxección de “Sherlock Gnommes” (26 de xullo), “Campeones” (3 de agosto), “Peter Rabbit” (9 de agosto) e “Emoji” (17 de agosto).

O domingo 4 de agosto haberá inchables e unha festa da escuma no Parque da Coelleira desde as 17:00 horas, e o mércores 14 de agosto Cristian ofrecerá o espectáculo infantil “La Búsqueda” ás 22:00 horas nas Pistas de “As Cercas”. Neste mesmo emprazamento celebrarase o 16 de agosto a “Holi- Party”.

2019-07-17 - image001

Anuncios