O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, acompañado do concelleiro de Educación, Óscar Carreño, e a dirección do Instituto Primeiro de Marzo, celebraron esta mañá no Salón de Plenos da Casa do concello, a recepción dos alumnos coas 10 mellores notas do centro.
Gómez Prado, ao facerse eco dos resultados obtidos por estes dez alumnos, tanto nos seus estudos de Bacharel como nas probas da ABAU, non dubidou en realizar esta recepción, contando coa colaboración do concelleiro de Educación e os membros do equipo directivo do centro, xa que considera que tanto os alumnos como os seus profesores merecen un recoñecemento polo seu labor.
O alcalde agradeceu e felicitou un a un a todos os alumnos polo seu esforzo, así como aos seus profesores, desexándolles o mellor para a súa seguinte etapa educativa. Tivo unha mención especial para o resto do alumnado do centro, recoñecendo tamén o seu esforzo e animándolles a que continúen a súa formación. Os estudantes estiveron acompañados polas súas familias e profesores.
Para concluír o acto decidiron facerse unha foto de familia.

