Inscricións abertas para a baixada de carros de bolas de Camos

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ

O Centro Cultural A Camoesa, o Concello de Nigrán e Eixo Tolo, co apoio da Deputación de Pontevedra, organizan o próximo 15 de agosto a baixada de carros de bolas na parroquia de Camos, evento para o cal están abertas as inscricións a través do teléfono 696 105 356. É obrigatorio o uso de casco, codeiras, rodilleiras e contar con sistema de freado. É tamén requisito indispensable que as rodas sexan rodamentos de aceiro.

A tradicional baixada de carros de bolas na parroquia de Camos foi recuperada hai dous anos polo Centro Cultural A Camoesa, o Concello de Nigrán e Eixo Tolo tras máis dunha década sen celebrarse. Nesta ocasión o evento deportivo terá lugar desde as 10:00 horas e o número de mangas dependerá de cantos carros participen, pero mínimo serán dúas baixadas cronometradas, puntuando sempre o mellor tempo realizado.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados en individual e colectivo e premiarase ao vehículo máis orixinal.