O parque das Cercas de Gondomar converterase nunha gran sala de zumba este verán

O Concello de Gondomar mantén a súa aposta polos hábitos saudables tamén durante o verán, razón pola que desde a Concellería de Deportes organízanse actividades de carácter lúdico sen perder de vista a necesidade de manternos en forma. Baixo o lema “Vive o deporte” que marca a filosofía deste departamento, durante os meses de xullo e agosto desenvolverase a actividade “Zumba ao aire libre”, que terá a súa primeira sesión esta tarde entre as 20:30 e as 21:30 horas.

Quen quede con ganas de máis, ou os que hoxe non poidan sumarse a esta hora de exercicio, terán outras dúas oportunidades os días 23 e 30 de xullo. Ademais durante o mes de agosto a Concellería de Deportes programou catro citas máis con esta modalidade deportiva, concretamente os días 6, 13, 20 e 27, que se desenvolverán tamén no campo de baloncesto das Cercas entre as 20:30 e as 21:30 horas.

2019-07-16 - image1 (1)