Nigrán ofrece este xoves o segundo concerto de violoncello na Alameda da Ramallosa

O Concello de Nigrán ofrece dende o luns 15 de xullo ao venres 19 de xullo tres concertos de violoncellistas que asisten no CEE de Panxón ao curso de verán da Asociación de Violoncellistas de Galicia Soncello. Este curso inclúe a celebración destes concertos, levados a cabo por músicos convidados, profesores e o propio alumnado, e serán de entrada gratuíta para a veciñanza:

Xoves 18, Exteriores da Capela da Alameda de Ramallosa ás 22:00 horas

Poderemos desfrutar da orixinal proposta de Margarida Mariño explorando as posibilidades da combinación do violoncello coa electrónica, seguida polo dúo formado por Iván Nogueira e a propia Margarida que interpretará obras de A. Vivaldi e F. Kummer entre outros.

Este curso de verán (dirixido a músicos de tódolos niveis) inclúe clases individuais e colectivas coas profesoras Carolina Landriscini, Isabel Font e Isabel Figueroa, clases e ensaios de conxunto, orquestra de violoncellos, obradoiros de técnica (Carolina Landriscini), violoncello barroco (Fernando Santiago) ou improvisación libre (Margarida Mariño), Pilates (Isabel Font) ademáis de outras actividades de tipo lúdico e de lecer.