Valmiemprega mostra os camiños de Santiago ao seu paso polo Val Miñor

A especialidade de promoción turística do Obradoiro de Emprego Valmiemprega III realizou as dúas primeiras visitas guiadas, das tres que se programaron, centradas no trazado do Camiño Portugués da Costa polo Val Miñor.

O día 10 levouse a cabo o itinerario polo municipio de Baiona dende a Praza de Santa Liberata ata a Ponte da Ramallosa, facendo diversas paradas para explicar os diferentes elementos patrimoniais como as igrexas, o casco histórico, o cruceiro da Santísima Trindade, a Pote Vella e a Ponte Nova de Sabarís, para rematar na Ponte románica de Ramallosa.

O día 12, o itinerario continuou polo trazado do camiño a través de Nigrán, partindo da Ramallosa, Pías, o Pazo da Reboleira, a Igrexa de San Pedro da Ramallosa, rematando finalmente no Pazo de Cea.

O vindeiro xoves 18, ás 10:00 da mañá, terá lugar a última das rutas históricas a través dos vellos camiños a Compostela, neste caso farase un percorrido dun tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte, dende o Pazo do Conde ata a Igrexa de Vilaza. Aínda quedan prazas libres, e os interesados poden inscribirse no teléfono 986 384 020.

Anuncios