OVALMI prepara a 10ª Feira de Oportunidades “Portobelo” en Gondomar

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) está a organizar a 10ª Feira de Oportunidades do Val Miñor, denominada “Portobelo”, que se celebrará o vindeiro domingo día 8 de marzo na Praza do Concello de Gondomar. Dita Feira de carácter multisectorial celébrase coa finalidade de promocionar os comercios da comarca, reforzar o contacto cos clientes habituais, xerar outros novos, así como liquidar stocks dos establecementos.

A feira contará con animación infantil, así como música ambiental entre outras cousas. Dita actividade de dinamización comercial promocionarase mediante cartelería, notas de prensa, cuñas de radio, así como en redes sociais. Os interesados en participar deben poñerse en contacto con OVALMI a través do correo asociacion@ovalmi.com ou ben chamando ao teléfono 986 36 67 30, antes do 2 de marzo.

Anuncios