Mila López reforza a súa primeira posición na xeral da Copa de España

Despois do seu paso por Viveiro a Copa de España de Ciclismo Adaptado 2019 reanudouse este sábado en Badajoz coa súa cuarta proba puntuable. A beiras do Guadiana o Club Ciclista Riazor acadou catro medallas, rematou segundo por equipos e mantivo o liderado nas dúas clasificacións que encabezan os seus handbikers.

Mila López encabezou a actuación da estrutura coruñesa impoñéndose na competición WH4. Deste xeito, a handbiker de Baiona reforzou a súa primeira posición na xeral da Copa.

Os outros tres galegos que asinaron postos de podio finalizaron segundos nas súas categorías. Luís Árcega colgouse a prata en MC3, Xosé Manuel Vázquez en MC4 e Iván Manoel Montero en MH5. O resultado deste último permítelle manter a camisola de líder.

A próxima cita do circuíto estatal terá lugar o 8 de sepembro en La Aparecida-Orihuela.

Anuncios