Un soño conseguido para o CPA Gondomar entre ovacións do público catalán

David Figueroa leva ao seu Saint Mary ao podio no Mundial, conseguindo ser subcampións nos World Roller Games 2019 en Barcelona na súa modalidade de Grupos Show Pequenos.

As gondomareñas Andrea López Rodríguez, Nerea Estévez Fernández, Alba Franco Herrero, Silvia Sanromán Hermida, Marta Pérez Alonso, Iria Boullosa Zarraquiños, Noa Alonso Pérez, María Balboa López y Denís Alonso Villar mordían a prata no Palau Sant Jordi de Barcelona. O seu show sobre o Hospital Saint Mary: “Encerrada e custodiada. Sometida mediante pastillas, cadeas e grilletes. Saint Mary Psichiatric Hospital é o meu cadaleito” causou un gran impacto nos centos de asistentes, quen aplaudían e elevábanse nas bancadas, conseguindo un total de puntuación de 128.200.

A dedicación deste equipo gondomareño é de entrega absoluta con horas de duros adestramentos dirixidas polo seu adestrador Figueroa, que consegue que estas patinadoras caracterícense pola súa forza e velocidade en pista.

Este é un soño conseguido que xa comezou no Campionato de España de 2017 cando o CPA Gondomar rompía a hexemonía catalá, xa que por primeira vez un club galego subía ao podio nun Campionato de España, clasificándose para acudir ao Mundial de China, seguido de Francia o ano seguinte, e co gran broche de prata no actual Mundial, en España.

Anuncios