Aberto o prazo para inscribirse na xeira nocturna do IEM polo mar de Baiona

FOTO: INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORÁNS // Unha das xeiras marítimas do IEM.

Está aberto o prazo para inscribirse na xeira nocturna “Polo mar de Baiona: Toponimia, talasonimia e naufraxios», que terá lugar o mércores 17 de xullo e contará coa presenza e guía do especialista Xosé Lois Vilar Pedreira. O punto de encontro será a Capitanía Marítima de Baiona ás 20:30 horas. O embarque será ás 21:45 e o regreso ás 00:00 horas.

Para participar hai que reservar a praza chamando ao teléfono 986 36 05 75 dende as 10:00 ás 13:00 horas e posteriormente confirmar a praza enviando o xustificante de pago ao correo oficina@iem.gal no día posterior á reserva. O prezo por persoa é de 12 euros para os socios do IEM e 15 euros para os non socios. O número de conta é ES95 2080 5035 0730 4001 4164.

Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros/as.

Anuncios