Nigrán instala unha caseta para os surfistas na praia de Abra

O Concello de Nigrán vén de instalar unha caseta para os surfistas na praia de Abra co obxectivo de que a poidan empregar como vestiario. A construción, realizada en madeira en consonancia co quiosco de verán ao seu carón, foi demandada pola propia comunidade surfeira, xa que este areal pegado a Patos é tamén frecuentado polos afeccionados a este deporte. Así mesmo, situouse ao lado das duchas para maior comodidade dos deportistas.