Feira de antigüidades en Sabarís

Sabarís acolle este sábado día 13 de xullo unha nova feira de antigüidades organizada por “Revolto Artesanal Galego” e o Concello de Baiona. Os postos estarán instalados na Avda. Julián Valverde. Poderanse atopar ferramentas, apeiros, numismática, vintage, libros descatalogados, vinilos, mobles e moito máis.