Sin categoría

A I Xuntanza Cabalar de San Bieito reúne a máis de 200 xinetes en Gondomar

A I Xuntanza Cabalar de San Bieito, organizada na Antiga Fábrica de Piña polo Concello de Gondomar con motivo das súas festas patronais, resultou todo un éxito. Máis de 200 xinetes dacabalo achegáronse este xoves á romaría para degustar as súas tapas de polbo, cordeiro, callos, empanada… pan e viño, lembrando as tradicionais feiras de gando de outrora. O alcalde, Paco Ferreira, sinalou que “para o ano que vén, outra vez e mellor”.