Sin categoría

Gondomar honra este xoves ao seu patrón San Bieito

Gondomar dedica a xornada do xoves 11 de xullo a San Bieito, patrón do municipio. Ás 11:00 da mañá comezará a I Xuntanza Cabalar de San Bieito. Á mesma hora, a Banda Unión Musical de Guláns ofrecerá un pasarrúas, e ás 13:00 horas, un concerto. Neste día haberá Misas de mañá cada hora desde as 7:00 ata as 13:00 horas, sendo a Solemne ás 12:00 horas, con posterior procesión. Pola tarde, as Misas serán cada hora desde as 17:30 ata as 21:30 horas. Pola noite, ás 23:00 horas, a verbena estará amenizada pola orquestra Solara.

O venres 12, na honra de San Antonio, celebraranse as “poxas” ás 18:00 horas, a cargo de Carlos Riveiro. Á mesma hora haberá un pasarrúas a cargo da charanga Vaite Xa, e ás 20:30 horas comezará a Misa Solemne seguida de procesión. A verbena, que arrancará ás 23:00 horas, correrá a cargo da orquestra Saudade.

O sábado 13 a verbena estará amenizada pola orquestra La Nave. O domingo 14 ás 18:00 horas haberá unha festa infantil no Parque da Coelleira. Ás 20:30 horas celebrarase a Misa da Gratitude e a ofrenda de flores á Virxe do Carme, seguida de procesión. Pola noite, a partir das 23:00 horas, o trío Azar pechará as festas.