Andrés Romero seguirá unha tempada máis no Gondomar CF

O defensa de 22 anos Andrés Romero González, convértese na quinta renovación do equipo de Víctor Santos. Formado no Gondomar FB e no Val Miñor, como sénior sempre estivo no Gondomar CF, salvo unha tempada que non xogou, ata recalar no equipo novamente a pasada tempada, onde se converteu nun dos xogadores máis regulares do curso.

Agora, co obxectivo de volver a primeira, destacou que “animeime a seguir porque este ano estiven moi cómodo, todo foron facilidades e como é o equipo do meu pobo, non tiven ningunha dúbida en renovar cando se me expuxo. Á afección pídolle que confíe en nós, que este ano traballaremos duro para darlles as máximas alegrías posibles ao longo do ano. As expectativas son formar un bo grupo no cal podamos competir ata o último día, e quedar o máis arriba posible”.

Anuncios