O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu aos sete nenos saharauís que están pasando este verán no Val Miñor con familias de acollida. Os pequenos chegaron a primeiros de xullo e regresarán aos campamentos de refuxiados de Tindouf (Arxelia) en setembro. O Concello de Nigrán achega 2.000 euros ao Programa “Vacacións en Paz” de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Durante o encontro, González entregoulles unhas mochilas co logo de “Nigrán” e diverso material escolar. Ademais, falou cos cativos, que están a desfrutar moito en Galicia, e agradeceu publicamente o labor das familias que os acollen, recordando que o conflito saharauí é un conflito político ao que a comunidade internacional debe buscar unha solución que a propia ONU establece nun referendo de autodeterminación. «Oxalá algún día deixen de ter que vir porque signifique que xa están na súa casa, nun Sáhara libre», sinalou.
Nigrán recibe aos nenos saharauís que pasan o verán con familias do Val Miñor

