Sin categoría

Baiona celebra este sábado a súa X Travesía a Nado con preto de 300 inscritos

O Concello de Baiona organiza este sábado día 6 de xullo a décima edición da Travesía a nado en colaboración coa Piscina Mancomunada do Val Miñor. Participarán 298 nadadores, repartidos nas categorías sub 12 (65), sub 16 (29) e adultos e veteranos (201).

A proba comezará ás 17:00 horas na praia da Ribeira coa categoría sub 12 – 100 metros (2007-2011). Ás 17:15 será a quenda dos sub 16 – 500 metros (2003-2006), tamén na praia da Ribeira, e finalmente, ás 18:00 horas, tomarán a saída os adultos (1980-2002) e veteranos (desde 1979), cunha distancia de 1.800 metros, desde a praia da Barbeira e con chegada na Ribeira. A entrega de premios está prevista para as 19:30 horas.

Establécense trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculina e feminina, así como para o primeiro baionés e a primeira baionesa. Tamén haberá premio especial para o participante máis novo e para o máis maior e trofeos por equipos.