XVIII Festival de Bandas da Agrupación Musical de Vincios en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Concerto da Agrupación Musical de Vincios na Praza do Concello de Gondomar.

A Agrupación Musical de Vincios celebra este sábado 6 de xullo ás 20:00 horas na Praza da Paradela de Gondomar o seu Festival de Bandas, que cumpre a súa XVIII edición. Este ano contarán coas actuacións da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas, a Banda de Música Unión Musical de Cabral e a Banda da Agrupación Musical de Vincios.