Sin categoría

Inscricións abertas para os dous campus deportivos do Panxón Nigrán FS

Aberto o prazo de inscrición para os dous campus deportivos que este verán organizan o Panxón Nigrán FS e o Concello de Nigrán, e que se realizarán no Pavillón Municipal de Panxón.

No campus de fútbol sala os participantes poderán perfeccionar as accións tácticas, mellorar a técnica, potenciar os seus mecanismos de toma de decisións e moito máis, a través de xogos e actividades divertidas e dinámicas. De desenvolverá do 15 ao 19 de xullo, de 09:00 a 14:00 horas, para nenos/as de 2003 a 2013 (grupos por idades). Este campus realizarase principalmente na pista do Pavillón Municipal, aínda que determinadas actividades serán na praia de Panxón.

No campus de multideporte e animación, os asistentes practicarán balonmán, baloncesto, rugby, fútbol sala, judo, voley praia, etc., dunha forma especial e divertida. Poderán gozar de saídas á praia e participar en xogos, aventuras e actividades variadas de animación e entretemento, que lles farán pasar unha semana inesquecible. Será do 5 ao 9 de agosto, de 09:00 a 14:00 horas, para nenos/as de 2003 a 2015 (grupos por idades). Este campus desenvolverase en varias das instalacións do Pavillón Municipal, na súa contorna e nas praias de Nigrán.

As inscricións deben realizarse na oficina de atención ao cidadán do Concello de Nigrán, ata o xoves anterior á data de inicio do campus, en horario de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas. Tlf: 986 365 000 ou correo cultura@nigran.org. Para formalizar a inscrición hai que entregar no Concello a folla de inscrición cumprimentada (debe recollerse no Concello), fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a, fotocopia do DNI do neno/a ou libro de familia, xustificante bancario do ingreso, ou transferencia, en conta correspondente ao campus.

O importe de cada campus, que inclúe camiseta, merenda e seguro, é de 45€ (35€ a partir do 2º irmán/a) para socios do Panxón Nigrán FS e de 60€ (50€ a partir do 2º irmán/a) para non socios. Para máis información pódese contactar con Ramón Pérez no teléfono 654 16 88 76 ou enviar un correo electrónico a panxonnigranfs@gmail.com.