Concerto de sonatas para cello e piano en Nigrán

O Concello de Nigrán, en colaboración con Peregrinos Musicales, ofrece mañá xoves no Auditorio Municipal un concerto de sonatas para cello e piano a cargo de Antonio Lacruz e Andreu Riera respectivamente. Establécese unha entrada solidaria de 7 € (xubilados e parados 5 €). Interpretarán temas de L. van Beethoven (Sonata para Cello Nº 5 en Re maior), J. Brahms (Sonata para Cello Nº 1 en Mi menor), F. Chopin (Sonata para Cello en Sol menor, Op. 65).

A actuación ofrécese despois do concerto de novos talentos de onte, tamén con Peregrinos Musicales, e que acadou un cheo absoluto de Auditorio.

Anuncios