Recunchos e vistas de Baiona nos óleos de Carlos Padín

A Sala de Exposicións da Capitanía Marítima de Baiona acolle do 1 ao 15 de xullo unha mostra de óleos de Carlos Padín, natural de Vigo aínda que con vivenda na Real Vila desde hai case 30 anos, na que reside seis meses ao ano. A exposición na súa maioría está dedicada a recunchos e vistas de Baiona, aínda que tamén podemos atopar un par de obras da Guarda e Porto. Como complemento, hai catro paneis impresos coas imaxes das preto de 98 fontes municipais que existen nas cinco parroquias de Baiona, debuxos en acuarela dos que só se expoñen seis. A mostra pódese visitar en horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas.

2019-07-02 - 20190629_205914