Javi Martínez seguirá sendo xogador do Gondomar CF

O defensa de 20 anos Javier Martínez González convértese na cuarta renovación do equipo de Víctor Santos. Formado no Victoria e no Coruxo, como sénior estivo no Juvenil de Ponteareas de Preferente, ata recalar no Gondomar CF a tempada pasada, converténdose nun dos xogadores máis destacados e regulares do curso.

Agora, co obxectivo de volver a primeira, destacou que “animoume a seguir confiando no Gondomar CF unha tempada máis, o bo trato, a confianza que puxeron en min, o proxecto futuro e o persoal que estase a conformar. Á afección comentarlle que faremos todo o posible e máis, buscando o ascenso para esta entidade. As espectativas que teño para a nova tempada son medrar en confianza e facer historia co Club”.