Reunión en Chaín para organizar a nova tempada da súa Rondalla

Este próximo mércores día 3 de xullo terá lugar unha reunión no Centro Cultural A Merced de Chaín para falar de como se vai enfocar a nova tempada da Rondalla do propio centro e se abrirán as listas para anotarse, así como para falar dos ilusionantes proxectos que se levarán a cabo. Será ás 21:00 horas.