Galiza Nova recollerá propostas LGTB en Gondomar

Dentro dos actos convocados nesta semana polo Día do Orgullo, mañá sábado 29 de xuño a organización da mocidade do BNG, Galiza Nova, convoca á veciñanza de Gondomar a achegar propostas e demandas en materia LGTB. Con este obxecto, instalarase unha mesa na Praza da Paradela, a carón do Concello, a partir das 12:00 horas.