Sin categoría

Curso de escritura creativa en Nigrán

A Asociación Cultural VaiMillor, en colaboración co Concello de Nigrán, organiza un curso de escritura creativa, no que se tratará a creación poética desde unha perspectiva lúdica, os elementos de creación poética individual e en grupo (recursos estilísticos e esquemas de traballo), a percepción e o poema (a relación entre os sentidos e o texto poético), e a creatividade e a improvisación.

O curso, impartido por MN Soutelo, desenvolverase en venres 22 de setembro de 16:30 a 21:00 horas na Asociación Cultural As Angustias (Rúa dos Pazos, 6). O prezo do curso é de 10 euros. Máis información e inscricións no correo vaimillorcultura@gmail.com ou a través do WhatsApp 630 410 076. As prazas son limitadas.