Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este venres en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Baiona.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este venres 28 de xuño o municipio de Baiona. Estará situada na rúa Jesús Valverde, na entrada ao Parador, de 16:00 a 21:00 horas. Todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo no horario indicado. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.

Anuncios