A Concellería de Deportes de Gondomar vai poñer en marcha durante o mes de xullo un ciclo de charlas sobre primeiros auxilios en cada unha das parroquias do Concello, baixo o lema “TI PODES SALVAR UNHA VIDA”.
“Queremos facilitar a participación de toda a veciñanza nesta actividade realizándoa na súa contorna máis inmediata”, sinala a responsable da área de Deportes, Nuria Lameiro.
Nesas dúas horas traballaranse as distintas pautas de actuación básicas ata que non chegue a asistencia médica de maneira teórico-práctica. Ocuparanse dos signos vitais, avaliación primaria e secundaria, síncopes, convulsións, conduta PAS, atragantamentos posición lateral de seguridade, centrándose na reanimación cardio/pulmonar.
“Todos debemos ter uns coñecementos mínimos imprescindibles para que o noso deber de prestar axuda sexa eficaz e poidamos tanto minimizar lesións nun accidente como salvar a vida do accidentado”, conclúe a concelleira.
| Centro | Data | Horario |
| Centro Neural Gondomar
Inscricións 986.369.746 |
01/07/19
08/07/19 |
M:11.00-13.00
T: 20.00-22.00 M:11.00-13.00 |
| Centro Cultural de Mañufe | 03/07/19 | T: 20.00-22.00 |
| Centro Cultural de Vincios | 04/07/19 | T:20.00-22.00 |
| Centro Cultural Sta. Eulalia Donas | 08/07/19 | T:20.30-22.30 |
| Centro Cultural de Couso | 16/07/19 | T:19.00-21.00 |
| Centro Cultural S. Roque de Morgadáns | 17/07/19 | T:19.00-21.00 |
| Centro Cultural e Recreativo Peitieiros | 22/07/19 | T:20.00-22.00 |
| Centro Cultural de Borreiros | 24/07/19 | T: 17.00-19.00 |
| Centro Cultural O Castelo Vilaza | 29/07/19 | T:20.00-22.00 |
| Centro Cultural A Merced Chaín | 31/07/19 | T:20.00-22.00 |
Todos os interesados en participar nestas 12 charlas deben poñerse en contacto co centro cultural da súa parroquia. Para os que se van realizar no Centro Neural deberán inscribirse no 986.369.746.

