Sin categoría

Baiona elixe este sábado a “Mellor Canción Galega 2019”

Este sábado día 29 de xuño ás 21:00 horas na Praza do Concello de Baiona terá lugar a Gala Final do concurso de Mellor Canción Galega 2019, organizado polo Concello de Baiona para impulsar, recoñecer a creación, a diversidade, e a calidade da música feita por galegos en lingua galega.

Nesta primeira edición presentáronse un total de 17 cancións de distintos estilos musicais, sendo preseleccionadas polo xurado 10, que pasan directamente á final, da que sairán os tres primeiros premios. Todos os concursantes defenderán a súa canción nunha gala que será presentada por Rafa Durán, actor, presentador, cómico e showman baionés.

Ao finalizar a gala terá lugar a entrega dos premios, consistentes nun 1º premio de 600 euros máis unha actuación a caché na programación do Baiverán 2019, un segundo premio de 400 euros e un terceiro de 250.

As cancións seleccionadas son:

NOME DA CANCIÓN INTÉRPRETE
CAVERNA DIXITAL O GATO DE CHESHIRE
SOMOS DAVID DEALONSO
CONVICCIÓN DENÍS
XOTA DOS ZAPATIÑOS ERGUTÍO
OSVALDO MOMBOI
NADA É NOSO THE MIRROR
A TÚA PEGADA LUCÍA DOVAL
FOLIADA DO PORRIÑO GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL FEIXOADA
XOTA DE SOUTOMAIOR AIRIÑOS DE PENEDA
MEU PAI EU TEÑO UN SOÑO MARI COSTA