
Este mércores 26 de xuño, ás 20:00 horas, a asociación Con&CienciaT organiza na Biblioteca do Centro Sociocomunitario de Baiona unha nova charla-coloquio, nesta ocasión sobre o medo. Esta nova actividade desenvólvese con carácter mensual, como un espazo de comunicación e respecto onde poder tratar entre todos temas relacionados coa nosa experiencia vital compartindo en liberdade e igualdade. Os temas son propostos conxuntamente pola asociación e os participantes.