O pasado fin de semana celebrouse na Quinta Asturiana de Villaviciosa de Odón (Madrid), o Campionato de España de bolo celta modalidade individual. Participaban un total de 12 xogadores das Comunidades de Asturias, Galicia e Madrid. As fases de clasificación xogáronse durante o sábado e o domingo xogouse a final.
Os xogadores desprazados pola Federación Galega foron Jairo Fernández do club de bolos Ceán (Nigrán) como campión de España do ano 2018; Jose M. Torres do club de bolos San Cibrán; Inocencio Valverde do club de bolos Xunqueira; Sergio Fernández do club de bolos Camos e Diego Pérez do club de bolos Sobreiro.
A final foi xogada entre os xogadores Jonny González de Asturias e Sergio Fernández de Galicia, resultando gañador o xogador asturiano.
A clasificación final foi a seguinte:
| PUESTO | JUGADOR | CLUB | FEDERACION |
| CAMPEON | JONNY GONZALEZ | BAHINAS B | ASTURIANA |
| SUB-CAMPEON | SERGIO FERNANDEZ | CAMOS | GALLEGA |
| 3º CLASIFICADO | JOSE M. BUENO | HORIZONTE | ASTURIANA |
| 4º CLASIFICADO | JOSE M. TORRES | SAN CIBRAN | GALLEGA |
| 5º CLASIFICADO | DIEGO PEREZ | SOBREIRO | GALLEGA |
| 6º CLASIFICADO | JAIRO CASTAÑO | LOS DORADOS | ASTURIANA |
| 7º CLASIFICADO | JAIRO FERNANDEZ | CEAN | GALLEGA |
| 8º CLASIFICADO | INOCENCIO VALVERDE | XUNQUEIRA | GALLEGA |
| 9º CLASIFICADO | FELIPE FERREIRO | SAN ROQUE | ASTURIANA |
| 10º CLASIFICADO | ALFREDO CAMPO | CENTRO ASTURIANO | MADRILEÑA |
| 11º CLASIFICADO | ANTONIO MENENDEZ | CENTRO ASTURIANO | MADRILEÑA |
| 12º CLASIFICADO | JOSE ANTONIO FERNANDEZ | CENTRO ASTURIANO | MADRILEÑA |
Unha vez finalizado o campionato individual xogouse o Campionato de España de seleccións territoriais, no que a selección galega impúxose claramente ás outras dúas.
A clasificación foi a seguinte:
| CAMPION | SELECCIÓN GALEGA | SERGIO FERNANDEZ, DIEGO PEREZ, INOCENCIO VALVERDE, JAIRO FERNANDEZ |
| SUB CAMPION | SELECCIÓN ASTURIANA | JONNY GONZALEZ, JOSE M. BUENO, JAIRO CASTAÑO, FELIPE FERREIRO |
| 3º CLASIFICADA | SELECCIÓN MADRILEÑA | ALFREDO CAMPO, JOSE A. FERNANDEZ, JOSE A. FERNANDEZ, ANTONIO MENENDEZ |
O próximo campionato organizado pola Federación Galega de Bolos será o Intermodal galego que se xogará en Camos (Nigrán) os vindeiros días 29 e 30 do presente mes, a partires das 10 da mañá. Consta de 10 modalidades diferentes de bolos que se xogan ao longo da Comunidade Galega estando representadas as 4 provincias, tanto en xogadores como en modalidade de bolos.

