Sin categoría

Calidade e excelencia no deseño primaron na IV Regata Solar de Marine Instruments

A calidade dos proxectos presentados e a excelencia no seu deseño foron a cualificación xeral de todas as embarcacións e coches solares que este sábado tomaron parte na IV edición da Regata Solar que organiza Marine Instruments, co patrocinio do Concello de Baiona e a colaboración de Coca Cola, Gadis e Tuypan.

Aínda cando a previsión meteorolóxica non era a máis desexada, finalmente os prototipos puideron navegar na praia da Ribeira e deslizarse polas pistas das canchas de baloncesto, propulsados polas placas solares que a organización lles facilitara, aproveitando os raios solares que se coaban polas nubes altas que poboaban o ceo.

En igualdade de condicións botáronse á auga, seguindo as indicacións do procedemento de saída, para trazar rumbos de navegación entre as boias fondeadas na propia enseada ou seguir o circuíto montado sobre as pistas vermellas do Paseo da Palma.

O colexio Maristas levou os dous primeiros premios á Eficiencia, no grupo de ESO e BAC. O premio ao Deseño foi para o Colexio Barreiro.

Nos Graos da Formación Profesional a Eficiencia foi para o IES Rodeira de Cangas, e o do Deseño para o Hogar Afundación.

Respecto a os coches solares, o primeiro premio foi para o OPEN PO-10 e o segundo posto para un habitual do concurso de Marine Instruments, o Apóstol Santiago de Vigo.

Dos premios encargáronse o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e o Socio-Director de Marine Instruments, Francisco Pino.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.