Os alumnos e alumnas de 4º da ESO din adeus ao CPI Cova Terreña

Este xoves celebrouse o acto de gradación dos 39 alumnos e alumnas de 4ª da ESO do CPI Cova Terreña de Baiona, no que estiveron arroupados por amigos e familiares. Abriu a quenda de intervencións unha represente da ANPA, e a continuación tomaron a palabra os profesores, e en representación do alumnado, cinco dos mozos e mozas protagonistas. Tras a entrega de diplomas, a directora do centro, Isabel Martínez Cabaleiro, foi a encargada de clausurar o emotivo acto, co que se pecha un ciclo na vida destes mozos, que na súa maioría foron alumnos deste colexio desde pequenos, e que estivo aderezado coa proxección de vídeos que lembraron o seu paso polo centro educativo. Finalmente, tras a foto de familia, alumnos, alumnas, profesores e familiares, gozaron duns petiscos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.