Baiona celebra San Xoán con sardiñada, fogueira e música en directo

Este domingo, 23 de xuño, o Concello de Baiona, coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), celebra a noite de San Xoán con sardiñada e a tradicional fogueira na Praia Ribeira a partir das 19:00 horas. Ademais, a velada estará amenizada coa música en directo de Yaggo ás 20:00 horas, La Mafia ás 22:00 horas e Vince Stone a partir das 00:00 horas.

Actos relixiosos

O luns, día 24 de xuño, o barrio baionés de San Xoán celebrará a festividade do seu patrón. Ás 10:00 da mañá haberá unha Misa Rezada na Capela de San Xoán. Ás 19:30 sairá a procesión desde a Capela ata Santa Liberata, acompañada polo Grupo de Gaitas “A Seneira” de Baiona. O percorrido será polas rúas Diego Carmona, Laxe, San Xoán e Santa Liberata. Ás 20:00 horas comezará a Misa Solemne cantada polo Coro Parroquial e tras a súa celebración, a imaxe recollerase novamente na capela deste tradicional barrio da Vila.