Gondomar ofrece 16 campus deportivos para este verán

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Deportes, organiza en colaboración cos clubs e a Deputación de Pontevedra, un total de 16 campus deportivos para este verán.

A oferta inclúe Fútbol Sala (SD Abetos Gondomar FS), Tenis de Mesa (Agrupación Deportiva Vincios), Tiro con Arco (Club Arco Serra de Gondomar), Bolos Celta (Club Bolos Peitieiros), Fútbol (Deportgadyd e Gondomar Fútbol Base), Xadrez (Centro Internacional de Xadrez), Patinaxe Artística (Club Patinaxe Artística Gondomar e Club Eixo Gondomar), Atletismo (Sociedade Atlética Val Miñor), Ximnasia Acrobática (Gondomar Acro Club), Baloncesto (Club Baloncesto Nigrán), Skate Camps (WS-Xtrem Club), Judo (Federación Galega de Judo), Tenis (Club de Tenis Gondomar) e Balonmán (Club Balonmán Tui).

As inscricións pódense realizar nos clubs que imparten os campus ou no Pavillón de Deportes de Gondomar de 18:00 a 22:00 horas, nos teléfonos 986 360 305 ou 608 748 393 ou a través do correo electrónico deportes@concellodegondomar.com.

CAMPUS DEPORTIVOS GONDOMAR

Anuncios