A Liga Social Baitra decídese esta fin de semana en Baiona

O Monte Real Club de Yates clausura esta fin de semana a tempada 2018-2019 da súa Escola de Vela coa celebración das dúas últimas xornadas da Liga Social Baitra, unha competición que vense disputando desde o pasado mes de setembro en Baiona.

Unha trintena de regatistas de entre 7 e 17 anos das clases Laser, Optimist e Iniciación daranse cita na baía baionesa este sábado a partir das dúas e media da tarde e o domingo desde as once e media da mañá para medir forzas no últimas seis probas do campionato.

Serán seis regatas nun campo de boias con forma de trapecio no que laseristas e optimistas deberán completar unha única volta, e que se acurtará para os regatistas de iniciación. Se se cumpre a previsión, farano con bo vento, de compoñente sur e intensidades por encima dos 10 nós o sábado e algo máis frouxo o domingo.

Os irmáns Marquina e Martín Montes, chegan á final nos postos máis altos da clasificación e con moitas papeletas para facerse un oco no podio de gañadores, xa que manteñen unha certa distancia co resto de competidores.

Na cabeza, con 31 puntos, vai Pablo Marquina, ao que o ano pasado escapóuselle a vitoria da Liga Social a mans do seu irmán Yago, que nesta ocasión chega de terceiro á final con 45 puntos, pero que tratará de revalidar o triunfo logrado en 2018. Martín Montes ostenta a prata provisional con 42 puntos.

Co final da Liga Social Baitra darase o pistoletazo de saída ás actividades da programación estival que o Monte Real Club de Yates preparou para este verán, que inclúen propostas para todo tipo de públicos.

Campamentos diúrnos de vela e cursos semanais de vela lixeira son as propostas destinadas aos máis pequenos da casa, de entre 7 e 16 anos. Para adultos, o club baionés ofrece a posibilidade de realizar cursos semanais de vela cruceiro e cursos para aprender a navegar nun día. A programación estival complétase con actividades de navegación a vela á tardiña ou navegacións a vela ata as Illas Cíes, destinadas a un público máis familiar ou grupos de amigos.