Baiona Arde

O 15 de outubro do 2017 unha chea de incendios comezaron a abrirse paso a través de gran parte de Galicia. Ao sur da provincia de Pontevedra, concretamente Baiona, tamén chegaron. Numerosos focos simultáneos crearon o pánico, pero tamén conseguiron que os veciños xuntaran as súas mans e cooperaran entre eles, tentando gañar o combate contra as inmensas lapas.

Andrea Mariño, estudante de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e veciña de Baiona, vén de realizar unha pequena peza documental sobre os incendios acontecidos hai xa case dous anos nesta vila, que vén a ser a historia de dúas persoas que presenciaron os incendios aquel día. É o relato contado en primeira persoa da xente que viviu esa horrible situación e do que sentiu ao decatarse de que a súa terra estaba sendo destruída.

Anuncios