Alumnos e alumnas do Cova Terreña crean a súa cidade ideal

O CPI Cova Terreña inaugura este xoves ás 12:30 horas na Biblioteca Municipal de Baiona a exposición “Creamos a nosa cidade ideal”, con membros da corporación municipal. A exposición foi realizada polo alumnado de 2º da ESO dentro da materia de Xeografía e Historia.

Os alumnos e alumnas estiveron traballando na preparación da súa cidade ideal. Esta vez tocoulles elaborar un lapbook e unha maqueta que mostra de forma visual e vistosa información sobre a súa cidade (funcións, tipo de plano urbano – ortogonal, raiocéntrico ou lineal – estrutura interna, trama urbana, densidade de poboación, coordenadas xeográficas, etc.).

Todos puxéronse mans á obra e traballando en equipo, con moita paciencia e cariño conseguiron o gran produto final. Algúns grupos deseñaron espazos urbanos con forma de taboleiro de xadrez, onde as rúas córtanse perpendicularmente. Outros organizaron a súa cidade a modo de tea de araña, ao redor dun punto central importante.

 

Anuncios