Nigrán decreta dous días de loito oficial pola morte da nena de Camos

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Bandeiras a media hasta.

O Concello de Nigrán decreta dous días de loito oficial e bandeiras a media hasta ante a tráxica morte onte dunha pequena afogada na parroquia de Camos. O Concello traslada as súas sinceras condolencias á familia e achegados, así como a toda a comunidade educativa do CEIP da Cruz, centro onde estudaba. Descanse en Paz.

Anuncios