Baiona ofrece 16 campus deportivos para este verán

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona presenta un amplo e variado programa deportivo para este verán, pero destaca dunha maneira especial a oferta orientada aos campus deportivos, e é que, a política de fomento da práctica deportiva en xeral, co traballo de apoio do deporte federado en especial cos clubs locais, fan que cada día a oferta deportiva amplíese, o que posibilita a toda a poboación da localidade que se beneficie do traballo anual ben desenvolto.

A oferta deportiva dos Campus está deseñada entre todos os clubs deportivos locais (Erizana CF, Club Baloncesto Baiona, Club de Loita Sabarís, Club de Tenis Baiona, Galicia en Danza, MRCYates de Baiona, Club Piragüismo Baiona, WestSport Ladeira, Baíña Fútbol Sala, Club de Patinaxe Baiona, Club Atletismo Baiona, Vigo Vóley, Club de Bádminton do Val Miñor, Club Ciclista Vigués e Club de Ximnasia Rítmica As Estelas). Destaca dentro da oferta deste verán 2019 a incorporación de campus deportivos tan novos como os campus de Bádminton ou Vóley Praia.

Desde o goberno municipal seguen apostando polos Campus de Deportes Náuticos, que se amplía con catro quendas (mañá e tarde) para acoller ao maior número de interesados en practicar Vela Lixeira (MRCYates), Piragüismo (Club Piragüismo Baiona) e Windsurf e Pádel Surf (WetSports Ladeira).

Este ano 2019 ofértanse 16 Campus que se poderán realizar o presente verán repartidos entre as 11 semanas de vacacións escolares para concilialas co traballo familiar, con oito disciplinas no mes de xullo (Tenis, Deportes de Combate, Ciclismo, Danza, Deportes Náuticos, Fútbol Sala, Multideporte e Vóley Praia) e outros oito no mes de agosto (Fútbol, Rítmica, Atletismo, Baloncesto, Deportes Náuticos, Actividades de Patín, Tríatlon, e Bádminton).

Desde a Concellería de Deportes e os distintos clubs locais elaborouse un programa técnico e lúdico orientado cara a un enfoque común para outorgarlle unha uniformidade á oferta deportiva, salvando está claro as diferentes modalidades deportivas que se poderán realizar o presente verán: Fútbol, Baloncesto, Ciclismo, Deportes Olímpicos de Combate, Tenis, Actividades de Patín, Ximnasia Rítmica, Multideporte, Vela Lixeira, Windsurf, Piragüismo, Pádel Surf, Danza, Atletismo, Tríatlon, Bádminton, Vóley Praia e Fútbol Sala. Como medida desta proposta conxunta elaborouse un deseño de cartelería común para ofrecer a máxima comodidade aos usuarios e facer manexable tanta información.

Os 16 campus desenvólvense ao longo dunha semana, en horario de 10:00 a 14:00 horas, aínda que para facilitarlle aos pais máis marxe horaria establécese xa desde as 9:00 o horario de recepción dos alumnos. A excepción do Campus Náutico en xornada de tarde que terá un horario especial.

Durante as presentes semanas contarán coa presenza de deportistas, técnicos de primeiro nivel nas distintas modalidades deportivas, que desde unha óptica divertida transmitirán aos presentes as súas experiencias e realizan xogos e tarefas cos distintos alumnos.

A todos aqueles interesados en participar, a organización dos campus estableceu un prezo moi competitivo de 200 € por 5 campus ou de 300 € para todos os campus dos meses de xullo e agosto, o que posibilita realizar actividades deportivas durante dez semanas a un prezo moi alcanzable. De todas as maneiras tamén se poderán realizar os campus que cada un seleccione individualmente pagando só a modalidade que prefira.

Ademais, en todos os campus deportivos os asistentes recibirán un equipamento deportivo así como un tenche en pé a media mañá para repoñer forzas.

As datas e os distintos campus programados son:

1. Tenis >> 24 ao 28 de xuño.
2. Deportes de Combate >> 1 ao 5 de xullo.
3. Ciclismo>> 1 ao 5 de xullo.
4. Danza >> 8 ao 12 de xullo.
5. Deportes Náuticos >> 10 ao 13 de xullo.
6. Fútbol Sala >> 15 ao 19 de xullo.
7. Multideporte >>22 ao 26 de xullo.
8. Vóley Praia >> 22 ao 26 de xullo.
9. Atletismo >> 29 de xullo ao 2 de agosto.
10. Fútbol >> 5 ao 9 de agosto.
11. Tríatlon >> 5 ao 9 de agosto.
12. Deportes Náuticos >> 7 ao 10 de agosto.
13. Baloncesto >> 12 ao 16 de agosto.
14. Actividades Patín>> 19 ao 26 de agosto.
15. Rítmica >> 26 ao 30 de agosto.
16. Campus Bádminton >> 2 ao 6 de setembro.

O prazo de inscrición está aberto desde o 1 de xuño e para formular as matrículas os interesados deberán entregar o formulario de inscrición cuberto nas oficinas situadas no Pavillón Municipal de Baiona en horario de 9:00 a 14:00 ou de 18:00 a 21:00 horas, tamén se dispón de teléfono de información 986 356 558 ou a través do correo electrónico deportes@baiona.org.

Anuncios