O Club de Loita Sabarís, sexto na Xornada Final da Liga de Deporte Base

O pasado sábado celebrouse no Pavillón Municipal de Vila de Cruces a Xornada Final da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas. A Federación Galega de Loita en colaboración co Club Keltoi de Vila de Cruces, organizaron esta festa do deporte para preto de 250 deportistas que representaron aos 12 mellores clubs de Galicia. O Club de Loita Sabarís de Baiona finalizou no 6º posto con 43 puntos.

O resultado final por equipos:

1º- Club Keltoi de Vila de Cruces. 148 ptos.
2º- Club Escola Ayude de Santiso. 140 ptos.
3º- Club Ciudad de Vigo. 86 ptos.
4º- Club de Loitas Olímpicas de Vilalba. 74 ptos.
5º- Club San Ignacio de Vigo. 52 ptos.
6º- Club Sabaris de Baiona. 43 ptos.
7º- Club El Castro de Vigo. 51 ptos.
8º- Club San Lorenzo de Gijón. 42 ptos.
9º- Club Atila de Ourense. 27 ptos.
10º- Club A Cambadela de A Estrada. 18 ptos.
11º- Club de Loita Lugo. 10 ptos.
12º- Club Kuzushi de Vigo. 5 ptos.

Destacar o traballo do Colexio Galego de Árbitros para a organización desta competición que se levou a cabo en 6 tapices oficiais de Loitas Olímpicas. Agora toca deixar descansar aos máis pequenos e pensar na Concentración de Novos Talentos que terá lugar no CGTD de Pontevedra dende o 24 de xuño ao 5 de xullo.

Anuncios