O pasado sábado, 15 de xuño, celebrouse o Día Mundial de toma de conciencia contra o abuso e os malos tratos ás persoas maiores. O Centro de Día de Sabarís quixo conmemorar esa data cos maiores do seu centro, realizando unha xornada de sensibilización sobre o bo trato ás persoas maiores. Para iso, este luns desprazáronse á Praza do Concello de Baiona para elaborar unha alfombra floral.
Durante esta xornada, o Alcalde, Carlos Gómez, aproveitou para facer unha das súas primeiras aparicións, e quixo acompañarlles e facer fincapé en que “os dereitos duran toda a vida” e que “se debe velar polo bo trato cara a eles, así como garantir a súa participación na vida da cidade”, remarcando o papel fundamental que desde a administración débese seguir e traballar para levar a cabo unhas políticas e accións positivas que lles garantan un bo trato e calidade de vida.
Agradeceu a “implicación e o importantísimo traballo que desde o Centro de Día desenvólvese coas persoas máis dependentes do municipio”.
No acto tamén participaron persoas maiores das Residencias Bellavista Care de Nigrán e Vila do Conde de Gondomar, así como a asociación Avelaíña.

