Anuncios
Ticker de novas

Adrián Valverde meteuse no Top-10 entre a elite española

FOTO: LUZ IGLESIAS // Adrián Valverde no Ciclocrós Internacional XaxanCX.

Os principais especialistas do ciclocrós español estiveron en Marín e fronte a eles Adrián Valverde deu a talla. O baionés finalizou dentro do Top-10 no Ciclocrós Internacional XaxanCX, proba de categoría UCI C2. O representante da entidade presidida por José Luis Chamorro obtivo a oitava posición e foi a mellor Elite galego.

Valverde concluíu a 4:09 do indiscutible gañador Felipe Orts (Delikia) e mantívose ata o final na pelexa pola sexta praza. O de Baiona cruzou a liña de meta a 10 segundos de Daniel Ania (Nesta-MMR) e a 4″ do sub23 Adrián Barros (Ponteareas).

A proba disputada no circuíto de Chan de Gagán non repartiu puntos para a Copa Galicia. O próximo fin de semana vivirase unha paréntese no calendario autonómico e Valverde desprazarase ata a provincia de Burgos para participar o sábado no XV Ciclocrós Cidade de Medina e o domingo no XVI Ciclocrós Vila de Villarcayo.

Anuncios