A baionesa Iria Ludeña, terceira no Campionato Galego Novas Promesas

Este sábado celebrouse no Grove o Campionato Galego Novas Promesas. A baionesa Iria Ludeña, xunto coa súa compañeira Uxía Rodríguez Huertas, finalizou en terceira posición en Infantil A, categoría superior á de Iria. Completaron os 3000 metros de percorrido nun tempo de 16’15″71″‘. O Campionato tamén era para a categoría cadete e nel participaron un total de 450 padeeiros e 35 clubs.