Un ferido nun accidente entre un coche e unha moto en Panxón

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ

Un accidente en Panxón entre un coche e unha moto saldouse este xoves cun ferido. Os feitos sucederon pasadas as 12:30 horas, momento no que un particular alertou telefonicamente aos servizos de emerxencia, que pasaron o aviso á Policía Local, Garda Civil, GES Val Miñor e Protección Civil. Por causas que se descoñecen un vehículo impactou contra unha motocicleta á altura da rotonda que une Otero Pedrayo con rúa do Mariñeiro ao seu paso por Panxón na PO-325. O ferido leve foi trasladado a un centro médico.

Anuncios