Máis de 30 equipos disputarán o XXIX Torneo de Fútbol Sala “Vila de Baiona”

O Pavillón Municipal de Deportes e o Pavillón do CPI Cova Terreña de Baiona acollerán este sábado 15 de xuño a XXIX edición do Torneo de Fútbol Sala “Vila de Baiona”. A competición desenvolverase desde as 9:00 ata as 21:30 horas nas categorías minis, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, xuntando máis de 30 equipos e máis de 300 xogadores. O Torneo está organizado conxuntamente pola Concellería de Deportes de Baiona, a Federación Galega de Fútbol Sala e o Baíña FS.

Anuncios