Festas da Virxe do Carme en Baredo

FOTO: PARROQUIA DE BAREDO

A parroquia baionesa de Baredo celebra esta fin de semana as festas na honra da Virxe do Carme. O sábado 15 de xuño ás 18:00 horas celebrarase unha Misa Marítima no porto de Porrido con posterior ofrenda floral e procesión ata a Igrexa acompañada da charanga Vai de Baile. Pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Saudade e o trío Laser. O domingo 16 ás 13:00 horas comezará a Misa Maior cantada polo Coro de Homes Voces Baionesas, seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Baiona. A orquestra Solara e o trío Armonía amenizarán a verbena.

Anuncios