O Club Laroca celebra este sábado o VIII Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol

Este sábado día 15 de xuño celebrarase no Pavillón Xurxo Otero de Panxón a oitava edición do Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol, organizado polo club de xadrez Laroca e coa colaboración do Concello de Nigrán e varias entidades do Val Miñor. Trátase dun torneo pertencente ao circuíto de promoción da Federación Galega, dividíndose nas categorías de sub 8, sub 10, sub 12, sub 14 e sub 20. Participarán máis de 150 rapaces e rapazas de toda Galicia e do norte de Portugal.

Disputarase a sete roldas comezando ás 11:00 da mañá, disputando tres roldas de mañá, ás 11:00, 12:00 e 13:00 horas, e catro roldas de tarde, ás 16:00, 16:50, 17:40 e 18:30, para rematar coa entrega de premios ás 19:30, seguindo co sorteo de agasallos entre todos os participantes, entre os que haberá dúas bicicletas, dron, material informático, etc. Como medida solidaria, coa inscrición do torneo se solicita a entrega de alimentos non perecedoiros que se doarán ao banco de alimentos.

Anuncios